jueves, 24 de marzo de 2011

Revoltallo de música: Titanic

Na nosa particular sección de música, esta semana déixovos o vídeo dun tema inesquecible que perdura ao longo dos anos... o seu título é "My heart will go on" e, como xa debedes saber, é o tema principal da Banda Sonora Orixinal (B.S.O) do filme "Titanic".
Está interpretado pola cantante Celine Dion... ¡Espero que vos guste e o disfrutedes!

Aquí vos deixo as PREGUNTAS PARA INVESTIGAR:

1- ¿ De que país é a cantante Celine Dion?
2- ¿Que parella de actores protagonizaron o filme "Titanic"?
3- ¿Quen foi o compositor da B.S.O de "Titanic"?
4- No vídeo aparece unha frauta moi curiosa: é o tin whistle... se queres coñecer máis este instrumento, preme neste enlace da wikipedia: http://es.wikipedia.org/wiki/Tin_whistle






E estas son as solucións ás preguntas da entrada anterior:

1- ¿En que familia de instrumentos se clasifica a frauta traveseira?
Ollo!!! A frauta traveseira é de VENTO-MADEIRA, non de metal... aínda que hoxe en día se constrúe en metal, tradicionalmente era de madeira.

2- ¿Como se lle chama tamén ao frautín? (pista: é unha palabra en italiano)
Moi ben!! É o píccolo.

3- ¿De que nacionalidade é James Galway?
Ben! É irlandés (sen h).

4- No vídeo, a frauta está acompañada dunha orquestra... pero na versión que escoitamos na clase, ¿que instrumento a acompañaba? (era un só).
Fallastes, non era o violín!! Era a arpa celta.

¡¡¡A seguir participando!!!

9 comentarios:

  1. 1 Ela e de Canada
    2 os protagonistas son Kate Winslet, Leonardo Dicaprio.
    3 a compositora do bso e Leona Lewis.

    ResponderEliminar
  2. 1 de francia
    2 é Kate Winslet y Leonardo Dicaprio
    3 o compositor é James Honer

    ResponderEliminar
  3. 1.quebek,canada
    2.kate winslet e leonardo dicaprio
    3. o compositor da bso e james honer.

    ResponderEliminar
  4. 1.De Canada
    2.Os protagomists son Kate Winsslet e Leonardo Dicaprio.
    3.O compositor é James Honer

    ResponderEliminar
  5. Estou da acordo con Lara Gisella.E a música preciosa.

    ResponderEliminar

¡Grazas polo teu comentario. Por favor, sé respectuoso.