miércoles, 25 de enero de 2012

Adiviñas

Ola son cristien de 6º e aqui os deixo unha adiviña, sote haber se a aiviñades
Pan e pan e medio
dous pans e medio
cinco medios pans
¿Cántos pans son?

martes, 24 de enero de 2012

PAZ


Como todos sabedes estamos a preparar actividades de cara a celebración do "Día da Paz", pero que sabemos realmente sobre este día? Aquí vos deixo unhas preguntas que vos axudaran a saber máis sobre este día tan especial, a ver quen é o primeiro en contestar correctamente.

Animádevos a participar, pode ser que haxa alguha sorpresa!!!

Aquí tedes algunhos enlaces nos que podedes atopar información.


http://www.educa.jcyl.es/educacyl/cm/zonaalumnos/tkPopUp?idContent=14469
Enlace
http://www.webdenorberto.com/recursos/paz_e.htm

http://www.slideshare.net/equipobrey/dia-paz-11202738

No seguinte enlace tedes un pequeno xogo:

Enlacehttp://www.unicef.org.co/kids/constructores.htm

E agora as preguntas:

1. Qué día celebramos o día escolar pola Paz?

2. Por que se celebra nesa data ?

3. De que outro xeito lle podemos chamar a ese día?

lunes, 23 de enero de 2012

A canción da paz deste ano: "Paz, paz, paz" de Juanes

Aquí tedes a canción da paz que eliximos este ano. Aquí podedes ensaiar. É moi fácil.
Si queres descargala pincha AQUÍ
Letra Paz Paz Paz de Juanes
Somos la nueva semilla del futuro, de la vida
Somos los nińos que cantan por la paz y la esperanza
Somos la nueva semilla del futuro, de la vida
Somos los nińos que cantan por la paz y la esperanza

Dáme la mano, vamos todos a sońar con la paz
Dáme la mano, vamos todos a sońar con la paz

!Paz, paz, paz, paz, paz, paz, paz!
!Paz, paz, paz, paz, paz, paz, paz!

jueves, 19 de enero de 2012

O CONTO PARA A PAZ: "A PETICIÓN DAS ESTRELAS"



Aquí vos deixo o conto A PETICIÓN DAS ESTRELAS.
Escoitádeo, porque a actividade do día da paz deste ano basearase nel.











A PETICIÓN DAS ESTRELAS Hai moitos, moitos anos, no ceo pola noite non había estrelas. O que pasaba é que as estrelas son moi tímidas, moi vergonzosas e dalles moita vergoña que as vexan no ceo, por eso non se atrevían a saír pola noite. O único que había no ceo era a lúa, pero estaba tan triste de estar sóa que non iluminaba nada. O ceo estaba negro e as noites eran moi escuras. E claro, os nenos tiñan medo. Había un anxiño que falaba cos nenos e estes contábanlle o seu medo ás noites escuras, así que o anxiño foi ve-las estrelas para convencelas de que non lles dese vergoña saír pola noite. --Estrelas -díxolles- como é que sendo tan bonitas non enchedes o ceo co voso brillo? Fixádevos nos meteoritos que son só unha rocha e están toda a noite dun lado para outro. --E que nos da moita vergoña que nos miren. --Pero sodes moi bonitas, e aos nenos gustaríalles vervos. Non hai xeito de que esquezades esa vergoña? --Hai unha cousa que nos gustaría moito, que as persoas estean alegres. Ainda que para nós é un gran sacrificio saír e que nos vexan, faríamolo a cambio dunha pequena petición: "Cada vez que unha persoa faga algo bo por outra, que lle produza alegría, unha de nós iluminarase na noite". Así que o anxo, moi contento, fóillelo contar aos nenos, que llelo contaron á súa vez a tódalas súas familias. E as persoas empezaron a facer cousas que fosen boas para os demais e que lles fixesen estar alegres... e polas noites o ceo comezou a encherse coas estrelas. E como iso sucedeu hai moitos, moitos anos, hai moitas estrelas no ceo, pero ainda quedan moitísimas máis que están esperando que lles deamos alegría aos demais para saír.

Ou si o preferides, podedes ver esta montaxe completa.
Xa me diredes cal vos gusta máis.

sábado, 14 de enero de 2012

FESTIVAL DE NADAL 2.011

Aquí tedes un enlace aos vídeos do festival de nadal 2.011 no meu blog.
Xa sabedes que o que queira o DVD pode pedirllo á ANPA, así coma tamén o DVD das celebracións deste outono, o samaín e o magosto.
Facede clic na imaxe.