lunes, 31 de enero de 2011

Máis Enigmas

Unha señora deixou esquecido na casa o seu permiso de conducir. Non se parou nun paso a nivel, despreciou unha sinal de dirección proibida e viaxou tres bloques en dirección contraria por unha rúa de sentido único.
Todo isto foi observado por un axente de tráfico quen, sin embargo, non fixo o menor intento de impedirllo.
¿Por que?


SOLUCIÓN:

viernes, 21 de enero de 2011

Actividades para a Paz

 Este ano imos celebrar o Día Escolar da Non violencia e a Paz o luns 31 de xaneiro.
Agás das actividades que ides realizar cos vosos profesores ao longo desta semana que vén, este ano imos facer, entre outras cousas, "O TREN DA PAZ", unha foto da nosa clase representando unha escena do que entendemos por "paz"... e imos cantar a canción "QUEREMOS PAZ" do grupo mexicano de pop-rock chamado "Maná" que tantos éxitos tivo no noso país.
Aquí vos deixo a canción para que a escoitedes.

Para pensar...


A Pedrín caíuselle o anel dentro dunha taza chea de café, pero o anel non se mollou.
¿Como pode ser?

SOLUCIONADO POR LAURA SOLIÑO.

miércoles, 12 de enero de 2011

Un conto galego: "Boa resposta"

Pulsa no PLAY e escoita este conto popular.
Despois podes deixar o teu comentario.

martes, 11 de enero de 2011

¿Acertixo ou paradoxa?

¿Qué hay de raro neste acertixo?

Hay tres enunciados falsos. ¿cales son?
1) 2 + 4 = 6
2) 3,2 x 6 = 19
3) 8/4,3 = 1,9
4) 13 – 6 =7
5) 5 + 4 = 9 


SOLUCIÓN:

miércoles, 5 de enero de 2011

Videos do Festival de Nadal

Aquí vos deixo os vídeos doFestival de Nadal deste ano para que os disfrutedes e me comentedes que vos parecen.
O Festival está dividido en 6 partes, aquí tedes a primeira na que vemos a presentación de comezo e o teatriño das profes de Educación Infantil.

lunes, 3 de enero de 2011

CHISTES

David Miguez Gomez 5ºB


1.Isto era un home tan alto, tan alto que tropezaba xoves e caìa domingo.


2.Isto era un home que tiña a boca tan pequena que para dicir tres dicía un, un, un.

domingo, 2 de enero de 2011

Hola son anair e vouvos deixar unhas adiviñas

como son un pouco dificiles doubos unha pista