lunes, 20 de junio de 2011

1º Encontro de xogos populares

Este é o primeiro encontro de xogos populares celebrado en Budiño.
Este ano participan os colexios C.E.I.P. de Atios e o noso centro C.E.I.P. de Cruz-Budiño.
Os nenos de Atios visitáronnos para compartir e aprender aos nosos alumnos os xogos máis populares da súa zona. Ao mesmo tempo os nosos rapaces fixeron o mesmo cos nenos de Atios.

jueves, 16 de junio de 2011

Excursión aos Muiños de Folón e A Garda

A derradeira excursión dos alumnos de 5º e 6º este ano foi aos Muiños de Folón e o Monte Santa Tegra. A Xulgar polas imaxes pasárono estupendamente.

miércoles, 15 de junio de 2011

Javi no programa (AR)

Este luns 13 de xuño, Javi viaxou cos seus pais a Madrid para ser entrevistado en directo no programa de Ana Rosa Quintana.
Aquí tedes o resultado. 
¡Isto non para aquí!

CONTO VIAXEIRO 2.011

"O MELLOR TESOURO: A AMIZADE"
      Este é o título do conto viaxeiro que este ano fixeron os nenos do noso Colexio. Esta é unha mostra do libro que, en formato cartulina quedará na biblioteca do centro despois de pasar por todas as clases para o disfrute de todos os participantes.

viernes, 10 de junio de 2011

Unha carta para o teu alcalde

O 1º premio do concurso "Unha carta para o teu alcalde"  foi obtido por un alumno do noso centro, un compañeiro voso, Javier Ramírez de 6º.
Esta foi a entrevista que lle concedeu a Tele 5 para o programa informativo emitido o Xoves 9 de xuño ás 21 h. da noite.
E... quen sabe? Ao mellor tamén o vemos nun programa de Ana Rosa Quintana.
¡Noraboa, Javi! En nome de todos os teus profesores e compañeiros do C.E.I.P. de Cruz-Budiño.

jueves, 9 de junio de 2011

Refraneiro popular - 5º B

Os alumnos de 5º B tratan de explicar nos seus vídeos algúns dos refráns máis populares do noso entorno. Para eso estuveron interrogando aos seus pais e avós.

TEMPO DE LER - MAIO 2011

 Aquí tedes a nosa revista no 2º número do ano 2.010-2,011.
Seguro que esta vista é moito máis atractiva. A que sí? 
Aquí tedes o enlace.

miércoles, 8 de junio de 2011

OS CANÓNS DO SIL - 2.011

Os alumnos de 6º saíron de excursión coma sempre aos Canóns do Sil, co seu clásico paseo en barco, a visita ao mosteiro de San Estebo e á fortaleza de Castro Caldelas.
Déixovos a montaxe coas fotos e vídeos que fixeron as profes.
Xa vedes no vídeo como o pasaron.