lunes, 22 de junio de 2015

AS CANTEIRAS

          Este curso os alumnos de 5º e 6º realizaron un traballo sobre as canteiras, aqui tedes unha mostra do seu traballo.

REFRANEIRO VIAAXEIRO

Este curso o EDLG iniciou un Refraneiro Viaxeiro coa colaboración dos alumnos e as familias do colexio, empezamos un pouco tarde por problemas de organización, pero aquí tedes o resultado. O próximo curso seguiremos ampliandoo, contamos coa vosa colaboración. Moitas gracias pola vosa axuda e participación.

jueves, 4 de junio de 2015

lunes, 1 de junio de 2015

Unha gran escritora entre nós.


          Co gallo da "Letras galegas" o museo Liste de Vigo convocou un concurso de relatos curtos aos que se preentaron varios alumn@s de 5º e 6º, resultando gañadora AROA ÁLVAREZ CABALEIRO  de 6º.

                                FELICIDADES AROA!!!!

          Aquí tedes  unha foto e o seu relato.





Unha grande viaxe

Érase unha vez, vai mil millóns de anos (non tanto), na era dos “Homo Sapiens”, nunha aldea chamada “Aethelwine”, que significa “Amigo dos Trasnos”.
Nesa aldea vivían dous amigos que se chamaban Unk e Ninka. Un día acordaron ir a investigar o que había arredor deles, encontraron moitas cousas como pedras puntiagudas, sementes, animais,... Pero o máis interesante para eles foi unha pedra moi dura e azul clariño. A xente da aldea non toleraba ter cousas inútiles e o señor que mandaba decidiu decirlles:
-¡Ifus guna trunka mastarunca!
Que significaba:
-¡Se non tirades esa pedra, ídesvos da aldea!
Unk e Ninka querían esa pedra, pero só eran nenos e non podían cuidarse eles mesmos. Pasaron os días e seguían coa pedra na súa tenda de campaña. O que mandaba non puido botalos porque só eran nenos e tivo que aguantarse, pero Unk e Ninka tiveran que mover a súa tenda fóra da aldea. Pasaron os días e os nenos estaban todo o tempo observando a pedra, pero un día Ninka frotouna e ella díxolle:
-Trudinto niko lukito lukitinto ponikita mercanita cintikatia...
Que significaba:
-Por favor, axudádeme, hai un monstro preto da aldea, tedes que...
Nese momento algo atravesou a tenda, ¡era unha man enorme e peluda!
Unk e Ninka estaban moi asustados, intentaron coller a pedra pero non puideron,¡a man a collera!

Unk e Ninka saíron da súa tenda toda rota e atravesada por unha man enorme e peluda. Ao saír viron unha cousa colosal con cara de ogro, peluda, cor marrón escura e cuns cornos. O monstro correu coa pedra moi dura e azul clariño na súa man e gardouna no seu peto-pel, que consta dun burato na súa pel en forma dun peto, pero este era asqueroso, cheo de mocos e diversas cousas. Cando o xigante se foi, os dous nenos quedáronse petrificados do medo.
Despois dun rato, Unk e Ninka viron unha orda de orcos (tamaño normal-pequeno) correndo. Unk e Ninka nunca viran algo así; eles tapáronse coa pel da tenda, puxéronse a rezar á deusa Diana, e os orcos asquerosos pasáronlles por enriba.
Despois dunhas horas, xa eran as catro e media da mañá e decidiron ir detrás deles para recuperar a súa pedra moi dura e azul clariño. Pasaron polas colinas “Carling” (colinas donde as vellas mulleres ou bruxas recolectan), o bosque “Brucie” ( espírito do bosque),...
Pero os orcos e o orco colosal e asqueroso estaban no lugar máis bonito que había nesa época: na “Breena” (terra de ninfas), onde vivía “Arethusa”, a ninfa maior. Dous orcos pestilentes abalanzáronse sobre eles, e cairon desmaiados. Na “Breena” había: cereixas, bolboretas douradas,... Pero algo moi, moi feo tamén había: aparte das ninfas atrapadas polos orcos e “Arethusa” nas mans do orco colosal e asqueroso, na “Breena” sempre era primavera, pero desta vez era outono. Algo malvado e espeluznante pasaba.
Unk e Ninka lanzáronlles pedras puntiagudas ao orco colosal e asqueroso, o ataron cunhas lianas que atoparon nas cereixas. O orco colosal caeu e saltaron chispas, os dous nenos asustáronse. Unha personiña moi pequena dixolles:
-Ourictinico nifusili a nicarinka tutita.
 Que significaba:
-¡Malditos nenos, se non fora pola vosa culpa sería rico!
E vos preguntaredes: ¿Electricidade na época dos “Homo Sapiens”? Si, porque usaron un teletransporte.

FIN