lunes, 16 de mayo de 2011

Videomontaxe das fotos da Rosca 2011

Aínda que un pouco tarde, aquí tedes a videomontaxe das fotos da Rosca. Xa sabedes que para descargalas podedes ir á galería de fotos da Web do cole.
 

sábado, 14 de mayo de 2011

Excursión de 5º e 6º a Marcelle

O 3 de maio os de 5º e 6º foron a Marcelle. Aquí tedes a videomontaxe das fotos que fixo a reporteira Cristina. Si queredes descargalas ide a este enlace directo. Xa me diredes si vos gusta.

jueves, 12 de mayo de 2011

Revoltallo de música: "Érase una vez el hombre"

Xa estamos aquí de novo coa sección "Revoltallo de música".
Esta semana poderedes ver e escoitar o vídeo da sintonía dunha serie infantil de hai xa bastantes aniños... pero seguro que vos sona: "Érase una vez el hombre" é o título.

PREGUNTAS PARA INVESTIGAR:

1- Esta sintonía é a versión dunha obra musical clásica, ¿quen é o compositor desa obra clásica?(pista:é un dos compositores máis coñecidos).
2- ¿ Cal é o primeiro animal que se observa no vídeo?
3- Indica varios medios de transporte que se vexan no vídeo.




RESPOSTAS ÁS PREGUNTAS DA ENTRADA ANTERIOR:


1- O primeiro vídeo é unha versión dun tema moi coñecido...¿ sabedes quen cantaba este tema?
Moi ben contestastes todos!! O tema orixinal é de Michael Jackson.
2- O segundo vídeo é un "Preludio" dun compositor chamado Dmitri Shostakovic... ¿cantas sinfonías compuxo?
Moi ben, rapaces!! Shostakovic compuxo 15 sinfonías.

A SEGUIR PARTICIPANDO!!ÁNIMO!!

miércoles, 11 de mayo de 2011

LETRAS GALEGAS








Como xa sabedes este ano adicamos o día das Letras Galegas a

LOIS PEREIRO

Se queredes saber máis cousas sobre el podedes visitar os seguintes
links, que son libros LIM feitos polo Seminario Galán. Están organizados por ciclos.


INFANTIL http://seminariogalan.org/inicio/ver/164

1º CICLO http://seminariogalan.org/inicio/ver/162

http://seminariogalan.org/inicio/ver/163


http://seminariogalan.org/inicio/ver/166

3º CICLO http://seminariogalan.org/inicio/ver/167

http://seminariogalan.org/inicio/ver/168

LETRAS GALEGAS


Ola a tod@s! Como todos sabedes a próxima semana é a semana das Letras Galegas, para ir entrando en materia a ver quén sabe explicar porque se celebra precisamente o 17 de Maio.

Animádevos a participar, podedes ter unha sorpresa!!!