martes, 31 de mayo de 2016

Certame de Relato Curto

Este ano participamos no IV Certame de Relato Curto, organizado pola FANPA (Federación de ANPAS de Pontevedra).
Dous rapaces do cole, Katia Alén e Carlos Martínez de 5º, resultaron finalistas no concurso.
Aquí vos deixamos unhas fotos do acto de entrega de premios e os seus relatos.


Carlos recollendo o seu premio

Katia recollendo o seu premio
Carlos e Katia, co seu diploma e libro editado cos seus relatos
Pedindo un autógrafo á escritora Ledicia Costas






Estes son os seus relatos premiados:



TARDE  NO  BOSQUE



   Pedro era un neno de nove anos, tiña o pelo loiro e uns bonitos ollos azuis. Era un bo alumno, que xogaba ao fútbol e ao que lle entusiasmaba ler; outra das súas afeccións favoritas era salir ao bosque en outono  co seu pai a recoller cogomelos; disfrutaba recolléndoos e coméndoos.

    Unha nubosa tarde de outono foron en coche lonxe de onde vivían a un bosque. Comezaron a camiñar coa súa pequena cesta, e foron recollendo algún que outro níscalo e algún que outro cantarelo. Mentras  camiñaban , solían contemplar a paisaxe  e charlar das súas cousas (deporte, os seus libros,...)

    Levaban un longo rato camiñando, cando ao lonxe miraron un muro de pedra en ruinas. Picoulles a curiosidade e se aproximaron á construcción. Era demasiado alta, polo tanto deron a volta ata atopar a entrada. Dentro do muro había unha casa que parecía que levaba  moítisimo tempo. Entraron na casa e observaron algúns mobles moi antigos, moita suciedade e algunha tea de araña que parecía igualmente antiga. Foron  recorrendo todas as habitacións ata que nunha delas, sobre unha mesa,  chamoulles a atención un gran libro coas tapas de coiro e unhas letras douradas que xa perderan o brillo. Collérono xunto coa súa bolsa mediada de setas e volveron á súa casa. O libro estaba escrito a man e contiña moitas historias.

    Outra tarde, Pedro e o seu pai volveron a aquel bosque a recoller máis cogomelos e intentar encontrar de novo aquela casa. A pesar de que buscaron moito tempo, non a atoparon. Parecía que a tragara a terra, ou simplemente, non existía.

Autor: Carlos Martínez Crespo



A MANSIÓN ENCANTADA

 Estaba perdida na noite. Cando, de pronto, vin unha gran mansión. A porta abriu soa, así que entrei. Aquel vello caserío parecía estar baleiro, as táboas do chan rinchaban coma cans, as ventás e portas abrían soas,…
 Subín arriba e atopeime cunha boneca tirada no chan, asusteime tanto que baixei correndo polas escaleiras; de repente, caín por un buraco, o raro é que cando me levantei, decateime de que non estaba no piso de abaixo, senón no de arriba. Como puido ocorrer iso, se caera para abaixo, como podía estar agora arriba?
 Eu non estaba magullada, así que volvín ás escaleiras, non estaban rotas, nin rastro do buraco, pero o máis raro de todo era que a boneca estaba tirada no fondo das escaleiras. Se fai un minuto estaba arriba, como podía estar abaixo? Tiña tanto medo... Por sorte, fíxose rápido de día. Aínda que parecía que o conto iba acabar ahí, non era así, porque as portas estaban pechadas, era imposible abrilas…e a boneca desaparecera!
 Entón sonou o espertador. Era hora de levantarme. Daquela só se trataba dun soño, ou eso pensaba eu, porque pasados uns días, atopeime a boneca tirada no fondo das escaleiras da miña casa…

Autora: Katia Alén Pérez 




NORABOA RAPACES!!!



 


 






2 comentarios:

¡Grazas polo teu comentario. Por favor, sé respectuoso.