jueves, 19 de enero de 2012

O CONTO PARA A PAZ: "A PETICIÓN DAS ESTRELAS"



Aquí vos deixo o conto A PETICIÓN DAS ESTRELAS.
Escoitádeo, porque a actividade do día da paz deste ano basearase nel.











A PETICIÓN DAS ESTRELAS Hai moitos, moitos anos, no ceo pola noite non había estrelas. O que pasaba é que as estrelas son moi tímidas, moi vergonzosas e dalles moita vergoña que as vexan no ceo, por eso non se atrevían a saír pola noite. O único que había no ceo era a lúa, pero estaba tan triste de estar sóa que non iluminaba nada. O ceo estaba negro e as noites eran moi escuras. E claro, os nenos tiñan medo. Había un anxiño que falaba cos nenos e estes contábanlle o seu medo ás noites escuras, así que o anxiño foi ve-las estrelas para convencelas de que non lles dese vergoña saír pola noite. --Estrelas -díxolles- como é que sendo tan bonitas non enchedes o ceo co voso brillo? Fixádevos nos meteoritos que son só unha rocha e están toda a noite dun lado para outro. --E que nos da moita vergoña que nos miren. --Pero sodes moi bonitas, e aos nenos gustaríalles vervos. Non hai xeito de que esquezades esa vergoña? --Hai unha cousa que nos gustaría moito, que as persoas estean alegres. Ainda que para nós é un gran sacrificio saír e que nos vexan, faríamolo a cambio dunha pequena petición: "Cada vez que unha persoa faga algo bo por outra, que lle produza alegría, unha de nós iluminarase na noite". Así que o anxo, moi contento, fóillelo contar aos nenos, que llelo contaron á súa vez a tódalas súas familias. E as persoas empezaron a facer cousas que fosen boas para os demais e que lles fixesen estar alegres... e polas noites o ceo comezou a encherse coas estrelas. E como iso sucedeu hai moitos, moitos anos, hai moitas estrelas no ceo, pero ainda quedan moitísimas máis que están esperando que lles deamos alegría aos demais para saír.

Ou si o preferides, podedes ver esta montaxe completa.
Xa me diredes cal vos gusta máis.

2 comentarios:

¡Grazas polo teu comentario. Por favor, sé respectuoso.