sábado, 26 de febrero de 2011

REVOLTALLO DE... MÚSICA


¡¡Ola a tod@s!!

Hoxe dou comezo a unha nova sección no noso blog: Revoltallo de... MÚSICA.

O principal obxectivo desta sección será que poidades ver e escoitar algúns dos contidos que traballemos na aula de música, así como que poidades participar e dar as vosas opinións e suxerencias ao respecto.

Poderedes ver vídeos e ler información, e sempre se vos fará algunha pregunta para que investiguedes un pouquiño.

Por certo, vós tamén podedes colaborar coas vosas entradas "musicais", seguindo a mesma estructura, ¿que vos parece?

¡Espero que vos guste a sección e que participedes moito!

7 comentarios:

  1. Aplaudimos este tipo de inciativas que, sen ningunha dúbida, contribuirán a crear un blog máis diverso e máis participativo.
    Ánimo!

    ResponderEliminar
  2. Pareceme moy ben que fixeras este apartado para escoitar música e aprender moitas cousas.

    ResponderEliminar
  3. Pareceme que fixeses este apartado e moi chulo
    e por certo gustame moito a cancion !!

    ResponderEliminar
  4. Que ben que fixeses este apartado de música así podemos escoitala e por certo a canción e moi bonita

    ResponderEliminar
  5. pareceme ben que fixeses este apartado por que hai musica moi bonita

    ResponderEliminar

¡Grazas polo teu comentario. Por favor, sé respectuoso.