jueves, 25 de noviembre de 2010

ADIVIÑAS COA LETRA M

Ola son Laura, aquí vos deixo unhas adiviñas.



1.Voando no aire
e bicando as flores
apágase a súa vida

de luz e cores


2.
En branco cueiro nacín,
en verde cativeime,
tantos foron os meus desvelos
que amarelo quedei


3.
En min remátanse os ríos
e por min os barcos van;
moi breve é o nome meu
pois tres letras abondarán.


4.
En dúas castañolas
estou encerrado
e ao sacarme do mar
póñome colorado.

3 comentarios:

  1. 1 mariposa
    2 non sei
    3 mar
    4 non sei

    ResponderEliminar
  2. Estou de acordo con Oscar na 1 e na 3 , pero tampouco sei a 2 e a 4.
    Ànímo a ver que é o primeiro en acertar.

    ResponderEliminar
  3. Eu creo que a segunda e a margarida.
    E eu creo que a 4 e o mexilón.

    ResponderEliminar

¡Grazas polo teu comentario. Por favor, sé respectuoso.