Os nenos de 6º están ensaiando un Canon de Pachelbel para o festival de nadal deste ano 2011.
Este xoves conseguimos infiltrarnos e grabamos o seu ensaio. Recoñecemos o grao de dificultade que ten a actividade, dada a cantidade de instrumentos que interveñen.
Xa estamos aquí de novo coa sección "Revoltallo de música". Esta semana poderedes ver e escoitar o vídeo da sintonía dunha serie infantil de hai xa bastantes aniños... pero seguro que vos sona: "Érase una vez el hombre" é o título.
PREGUNTAS PARA INVESTIGAR:
1- Esta sintonía é a versión dunha obra musical clásica, ¿quen é o compositor desa obra clásica?(pista:é un dos compositores máis coñecidos). 2- ¿ Cal é o primeiro animal que se observa no vídeo? 3- Indica varios medios de transporte que se vexan no vídeo.
RESPOSTAS ÁS PREGUNTAS DA ENTRADA ANTERIOR:
1- O primeiro vídeo é unha versión dun tema moi coñecido...¿ sabedes quen cantaba este tema? Moi ben contestastes todos!! O tema orixinal é de Michael Jackson. 2- O segundo vídeo é un "Preludio" dun compositor chamado Dmitri Shostakovic... ¿cantas sinfonías compuxo? Moi ben, rapaces!! Shostakovic compuxo 15 sinfonías.
Hoxe, na nosa sección musical, poderedes ver dous vídeos moi diferentes, pero interpretados polos mesmos instrumentistas: os violonchelistas Stjepan Hauser e Luka Sulic.
PREGUNTAS PARA INVESTIGAR:
1- O primeiro vídeo é unha versión dun tema moi coñecido...¿ sabedes quen cantaba este tema? 2- O segundo vídeo é un "Preludio" dun compositor chamado Dmitri Shostakovic... ¿cantas sinfonías compuxo?
RESPOSTAS DAS PREGUNTAS DA ENTRADA ANTERIOR:
1- ¿ De que país é a cantante Celine Dion? A maioría acertastes... Celine Dion é de Canadá.
2- ¿Que parella de actores protagonizaron o filme "Titanic"? Moi ben!! Foron Kate Winslet e Leonardo DiCaprio.
3- ¿Quen foi o compositor da B.S.O de "Titanic"? Case todos contestastes ben... o compositor era James Horner (que por certo, tamén compuxo a B.S.O de Avatar, entre outras).