jueves, 12 de mayo de 2011

Revoltallo de música: "Érase una vez el hombre"

Xa estamos aquí de novo coa sección "Revoltallo de música".
Esta semana poderedes ver e escoitar o vídeo da sintonía dunha serie infantil de hai xa bastantes aniños... pero seguro que vos sona: "Érase una vez el hombre" é o título.

PREGUNTAS PARA INVESTIGAR:

1- Esta sintonía é a versión dunha obra musical clásica, ¿quen é o compositor desa obra clásica?(pista:é un dos compositores máis coñecidos).
2- ¿ Cal é o primeiro animal que se observa no vídeo?
3- Indica varios medios de transporte que se vexan no vídeo.




RESPOSTAS ÁS PREGUNTAS DA ENTRADA ANTERIOR:


1- O primeiro vídeo é unha versión dun tema moi coñecido...¿ sabedes quen cantaba este tema?
Moi ben contestastes todos!! O tema orixinal é de Michael Jackson.
2- O segundo vídeo é un "Preludio" dun compositor chamado Dmitri Shostakovic... ¿cantas sinfonías compuxo?
Moi ben, rapaces!! Shostakovic compuxo 15 sinfonías.

A SEGUIR PARTICIPANDO!!ÁNIMO!!

2 comentarios:

¡Grazas polo teu comentario. Por favor, sé respectuoso.