Os días 22 e 23 de outubro tivemos a sorte de recibir no noso cole ao gran artista plástico Tono Carbajo.
Os nenos e nenas de 5º e 6º aprenderon cómo as variadas formas xeométricas do Universo inspiran aos artistas no seu traballo.
E logo foron eles mesmos os que pintaron uns murais colectivos utilizando roupa vella. Quedaron super bonitos! Sen dúbida unha actividade moi motivadora para todos/as!
 |
O mural colectivo de 5º |
 |
O mural colectivo de 6º |
O día 25 de setembro recibimos no cole a actividade "Protexendo o Camiño", da man de Turismo de Galicia.
Participaron os rapaces e rapazas de Educación Infantil, 1º e 2º de Primaria. Poideron coñecer datos sobre as rutas xacobeas, escoitar un relato sobre o camiño, protagonizado por Iago e Peregrina, para rematar debuxando eles mesmos a un peregrino guiados por Carlos, o debuxante.
Para saber máis da actividade pulsade AQUÍ