
¡¡Ola a tod@s!!
Hoxe dou comezo a unha nova sección no noso blog: Revoltallo de... MÚSICA.
O principal obxectivo desta sección será que poidades ver e escoitar algúns dos contidos que traballemos na aula de música, así como que poidades participar e dar as vosas opinións e suxerencias ao respecto.
Poderedes ver vídeos e ler información, e sempre se vos fará algunha pregunta para que investiguedes un pouquiño.
Por certo, vós tamén podedes colaborar coas vosas entradas "musicais", seguindo a mesma estructura, ¿que vos parece?
¡Espero que vos guste a sección e que participedes moito!