viernes, 4 de febrero de 2011

ADIVIÑA ... QUE ANIMAL É?

Os nenos e nenas de 6º inventamos adiviñas.
Dámosvos unha pista: a solución é sempre un nome de animal.
Animádevos a resolvelas! Moita sorte!




  1. Estou extinguido
    e non sei por qué
    un meteorito ou
    un home tal vez...

    De :Leticia



  2. Orellas longas,
    rabo cortiño;
    corro e salto
    moi lixeiriño.

    De: Javier


  3. Amarelo, con manchas,
    rápido coma un león,
    astuto coma un raposo,
    cazo gacelas e cebras.

    De: Samuel

  4. Falo moito
    repito o que dis
    teño moitas cores
    coma as flores.

    De: Hajar


  5. Sete puntos teño
    toda vermella son
    con sete puntos negros
    no caparazón.

    De: Lidia


10 comentarios:

  1. A ver cantas acertades, rapaces!!! A vindeira semana publicaremos algunha máis, e tamén as solucións.Moita sorte!!!
    Por certo, Hajar, moi ben escrita esta entrada!!!

    ResponderEliminar
  2. En vez de escribir a solución, podedes poñer pistas que nos fagan saber que acertastes... por exemplo: é un animal mamífero, vive na selva, o seu nome empeza por a... Desta maneira, daredes opción a que poidan participar todos sen que se saiban xa pronto as solucións, que vos parece?

    ResponderEliminar
  3. A quinta a mariquita e as outras non as sei

    ResponderEliminar
  4. a primeira un dinosaurio, a segunda canguro, a tercceira non estou segura creo que o leopardo,a cuarta o loro e a quinta a mariquita

    ResponderEliminar
  5. Xa vexo que estades poñendo as solucións directamente... non fixestes moito caso ao meu segundo comentario...
    Vades ben encamiñados, pero Laura, fallaches unha, a ver se sabes cal é.
    Por certo, a ver se investigades cómo se di o nome do insecto ao que se refiere a última adiviña pero EN GALEGO!!!(que o estades poñendo en castelán).
    Proximamente publicaremos as solucións e máis adiviñas inventadas... Un saúdo rapaces/as!

    ResponderEliminar
  6. ola a mariquita en galego chámase reirei

    ResponderEliminar
  7. Creo que son asi :)
    1º Dinosaurio
    2º Canguro
    3º Guepardo
    4º Loro
    5º Mariquita

    ResponderEliminar
  8. 1- dinosaurio
    2- non sei
    3- tigre
    4- loro
    5- xoaniña

    ResponderEliminar

¡Grazas polo teu comentario. Por favor, sé respectuoso.