lunes, 31 de enero de 2011

Máis Enigmas

Unha señora deixou esquecido na casa o seu permiso de conducir. Non se parou nun paso a nivel, despreciou unha sinal de dirección proibida e viaxou tres bloques en dirección contraria por unha rúa de sentido único.
Todo isto foi observado por un axente de tráfico quen, sin embargo, non fixo o menor intento de impedirllo.
¿Por que?


SOLUCIÓN:
Anque fora por dirección proibida ou en dirección contraria, o guardia non lle dixo nada porque a señora viña a pé, pola acera e sin molestar a ninguén. Non  estaba a conducir, por iso non precisaba o permiso de conducir.

10 comentarios:

¡Grazas polo teu comentario. Por favor, sé respectuoso.