lunes, 13 de diciembre de 2010

Festa do Nadal

De todos é coñecida a falta de espazo que hai no noso salón de actos para poder facer o festival de Nadal nunha única sesión. Por este motivo nos vemos obrigados tódolos anos a facer as representacións en dúas tandas no derradeiro día do trimestre e, por motivos de seguridade, non tendo cabida para máis persoas, non podemos permitir o acceso aos pais.

O ano pasado prometemos facer unha representación especial para todos os pais que quixeran asistir, e como o prometido é débeda, este ano faremos esa representación, exclusivamente para os pais, o martes día 21 ás 12:00 h. do mediodía.

Para os alumnos o festival terá lugar o mércores día 22 en dúas sesións: para os pequenos de E. Infantil e 1º Ciclo, de 9:15 h. a 10:45 h.; e para o 2º e 3º ciclos, de 11:15 h. a 12:45 h. Os pequeniños tamén recibirán a visita dos Paxes Reais a partires das 12:00 h. do mediodía.

1 comentario:

  1. Ainda que teñamos que actuar 3 veces pareceme ben porque se so o poden ver o resto dos nenos non ten graza.

    ResponderEliminar

¡Grazas polo teu comentario. Por favor, sé respectuoso.