jueves, 21 de abril de 2016

Quedamos na rede!

O día 20 de abril, os rapaces/as de 5º tiveron un "encontro virtual" por videoconferencia cos nenos/as tamén de 5º do CEIP Atín-Cela de Mos.
Era a primeira vez que facíamos esta actividade no cole e foi, sen dúbida, unha experiencia moi interesante, gratificante e motivadora para tod@s!
Esperamos poder volver repetila moi pronto!





domingo, 10 de abril de 2016

Dobraxe na escola

O día 8 de abril recibimos no noso cole aos grandes actores galegos de dobraxe Suso Pando e Manuel Pombal, que nos explicaron en qué consiste o seu traballo. Esta foi unha actividade facilitada pola concellalía de Educación do Concello do Porriño.

Suso Pando e Manuel Pombal en acción

Os grupos de 3º e 4º

Os grupos de 5º e 6º


Os nenos/as de 3º, 4º, 5º e 6º poideron aprender o proceso de elaboración dunha película, dende cómo se crea o guión ata a dobraxe da mesma.
E mesmo gravaron as súas voces dobrando un pequeno capítulo de "Bob Esponxa"!
Foi unha actividade moi interesante e divertida para tod@s!!




A profe Oti gravando



Moitas grazas a Manuel Pombal e Suso Pando!












domingo, 6 de marzo de 2016

Excursión ao Ifevi: Dinosaurios, Idade de Xeo e Evolución Humana

O día 1 de marzo os nenos e nenas de 1º, 2º, 3º, 5º e 6º foron de excursión ao Instituto Feiral de Vigo (Ifevi) para visitar a exposición: Dinosaurios, Idade de Xeo e Evolución Humana.
Foi unha auténtica viaxe ao pasado de 65 millóns de anos!
Aquí podedes ver algunhas fotos da excursión...

Os rapaces de 1º e 2º
Aprendendo qué son os fósiles...


Os rapaces de 5º

Ollo ao T- Rex!


A Idade de Xeo

Os nenos/as de 6º

Os de 5º e 6º co T- Rex
Aprendendo a evolución do home


Os de 3º co T-Rex



jueves, 18 de febrero de 2016

Tempo de Ler 1


 Xa está publicado o primeiro número da nosa revista escolar "Tempo de Ler". Aquí o tedes! 
(Preme no enlace).


REVISTA XANEIRO 2016