martes, 21 de diciembre de 2010

O APALPADOR

Efectivamente o Papá Noel galego e "O APALPADOR" e o agasallo que deixa aos cativ@s ademáis dos xoguetes son unhas "CASTAÑAS".

Noraboa os que acertastes : Laura Soliño, Aaron, Lidia e Alba Caballero, a volta das vacacións de Nadal teredes o voso agasallo.

Deixovos unhos enlaces nos que atoparedes información sobre este personaxe.

lunes, 20 de diciembre de 2010

Enigmas: "A poboación china"

Para reducir o crecemento da súa poboación, o goberno chino impulsou a política coñecida como "unha parella, un só fillo". De ter éxito chegaríase á situación de familias de fillo único. Ou sexe que non habería irmáns. Que outras catro relacións de familiares deixarían de existir tamén?
(Recorda, son catro)
(RESPOSTA CORRECTA: IRMÁNS, PRIMOS, TÍOS E SOBRIÑOS.)
¡¡¡SOLUCIONADO!!!

martes, 14 de diciembre de 2010

O NOSO NADAL

Ola a tod@s!


Estiven buscando información sobre as tradicións de Nadal en Galicia, e atopeime con un personaxe moi curioso, non é Papa Noel, pero podería ser un parente seu, o parecer visita as casas onde hai nenos e comproba se están ben alimentados, ademáis deixalles un agasallo.


Propóñovos unha investigación, preguntade nas casas, buscade información... a ver quen descobre o nome deste personaxe e o agasallo que deixa aos rapaces.

Animádevos a participar, é posible que quen o descubra teña unha sorpresa.

lunes, 13 de diciembre de 2010

Granxa-escola "El Kiriko"

Ola a tod@s!!!

Como ben sabedes, o vindeiro xoves imos de excursión á granxa-escola "El Kiriko".
Nesta entrada, déixamosvos o enlace á súa páxina web, para que poidades consultar curiosidades da granxa-escola: onde está situada, cómo son as súas instalacións, qué recomendacións indican, qué actividades para escolares realizan (no carteliño da parte superior da web, podedes premer e ver as actividades que propoñen para Primaria).
Tamén podedes ver algunhas fotos das súas instalacións.

A páxina web é a seguinte: http://www.kirikonatura.com/

Nada máis... o xoves xa poderemos disfrutar de esta excursión tan interesante que seguro vos encantará.