martes, 31 de mayo de 2016

Certame de Relato Curto

Este ano participamos no IV Certame de Relato Curto, organizado pola FANPA (Federación de ANPAS de Pontevedra).
Dous rapaces do cole, Katia Alén e Carlos Martínez de 5º, resultaron finalistas no concurso.
Aquí vos deixamos unhas fotos do acto de entrega de premios e os seus relatos.


Carlos recollendo o seu premio

Katia recollendo o seu premio
Carlos e Katia, co seu diploma e libro editado cos seus relatos
Pedindo un autógrafo á escritora Ledicia Costas






Estes son os seus relatos premiados:



TARDE  NO  BOSQUE



   Pedro era un neno de nove anos, tiña o pelo loiro e uns bonitos ollos azuis. Era un bo alumno, que xogaba ao fútbol e ao que lle entusiasmaba ler; outra das súas afeccións favoritas era salir ao bosque en outono  co seu pai a recoller cogomelos; disfrutaba recolléndoos e coméndoos.

    Unha nubosa tarde de outono foron en coche lonxe de onde vivían a un bosque. Comezaron a camiñar coa súa pequena cesta, e foron recollendo algún que outro níscalo e algún que outro cantarelo. Mentras  camiñaban , solían contemplar a paisaxe  e charlar das súas cousas (deporte, os seus libros,...)

    Levaban un longo rato camiñando, cando ao lonxe miraron un muro de pedra en ruinas. Picoulles a curiosidade e se aproximaron á construcción. Era demasiado alta, polo tanto deron a volta ata atopar a entrada. Dentro do muro había unha casa que parecía que levaba  moítisimo tempo. Entraron na casa e observaron algúns mobles moi antigos, moita suciedade e algunha tea de araña que parecía igualmente antiga. Foron  recorrendo todas as habitacións ata que nunha delas, sobre unha mesa,  chamoulles a atención un gran libro coas tapas de coiro e unhas letras douradas que xa perderan o brillo. Collérono xunto coa súa bolsa mediada de setas e volveron á súa casa. O libro estaba escrito a man e contiña moitas historias.

    Outra tarde, Pedro e o seu pai volveron a aquel bosque a recoller máis cogomelos e intentar encontrar de novo aquela casa. A pesar de que buscaron moito tempo, non a atoparon. Parecía que a tragara a terra, ou simplemente, non existía.

Autor: Carlos Martínez Crespo



A MANSIÓN ENCANTADA

 Estaba perdida na noite. Cando, de pronto, vin unha gran mansión. A porta abriu soa, así que entrei. Aquel vello caserío parecía estar baleiro, as táboas do chan rinchaban coma cans, as ventás e portas abrían soas,…
 Subín arriba e atopeime cunha boneca tirada no chan, asusteime tanto que baixei correndo polas escaleiras; de repente, caín por un buraco, o raro é que cando me levantei, decateime de que non estaba no piso de abaixo, senón no de arriba. Como puido ocorrer iso, se caera para abaixo, como podía estar agora arriba?
 Eu non estaba magullada, así que volvín ás escaleiras, non estaban rotas, nin rastro do buraco, pero o máis raro de todo era que a boneca estaba tirada no fondo das escaleiras. Se fai un minuto estaba arriba, como podía estar abaixo? Tiña tanto medo... Por sorte, fíxose rápido de día. Aínda que parecía que o conto iba acabar ahí, non era así, porque as portas estaban pechadas, era imposible abrilas…e a boneca desaparecera!
 Entón sonou o espertador. Era hora de levantarme. Daquela só se trataba dun soño, ou eso pensaba eu, porque pasados uns días, atopeime a boneca tirada no fondo das escaleiras da miña casa…

Autora: Katia Alén Pérez 




NORABOA RAPACES!!!



 


 






domingo, 29 de mayo de 2016

Conto viaxeiro 2015-2016

Este é o conto viaxeiro que fixeron os nenos dende Infantil a 6º de Primaria este ano.

>/center>

viernes, 27 de mayo de 2016

O sabor da aventura está no mar (II)

 Os nenos e nenas de Infantil fixemos diferentes actividades para participar no proxecto" O sabor da aventura está no mar" xunto co resto do colexio:
-A profe Andrea e o profe José Antonio convertíronse en pescadeiros para ensinarnos diferentes peixes, as súas partes... E ata puidemos tocalos!







-Cociñamos e comemos bonito. Tomamos conservas de peixe.







-Aprendemos a canción de Ramona, unha pescadeira moi especial.
-Traballamos contos de peixes.


 -As nosas familias colaboraron para facer o mural do Pez Arco Iris.
-Entre todos, estampando as nosas mans, representamos o conto de Nadarin.


-Con material de refugallo (tapóns) fixemos peixes.
-Coa colaboración das familias elaboramos un libro de recetas de peixe.
-Xogamos a pescar.





- E para rematar, firmamos un contrato, no que nos comprometemos a comer peixe, despois de aprender o que cada un deles nos aporta.




jueves, 26 de mayo de 2016

O sabor da aventura está no mar

O pasado luns, día 23 de maio, recibimos no noso cole a actividade "O sabor da aventura está no mar".



Demos a benvida ao pescador Luis, a cociñeira Mariña e a unha científica "rusa", que nos presentaron aos "Arroases" e fixemos moitos xogos.








Pasámolo moi ben! Pero, o máis importante, é que aprendemos que é necesario comer moito peixe, polos seus beneficios para a nosa sáude.


Todos os participantes na actividade

viernes, 20 de mayo de 2016

Biografía de Manuel María

Esta é a nosa versión da biografía de Manuel María feita polos diferentes cursos de Infantil e Primaria:

"A figura de Manuel María en 8 frases" (3 anos)

"Manuel María nace en Outeiro de Rei (Lugo), no ano 1929" (4 anos)

"En 1956 coñece a Saleta, coa que casará tres anos máis tarde" (5 anos)

"Pronuncia a súa primeira conferencia con só 19 anos" (1º)

"Tivo o oficio de procurador" (2º)

"Vive en diferentes cidades: Lugo, Santiago, Monforte de Lemos e A Coruña" (3º)

"O seu primeiro poemario é Muiñeiro de Brétemas" (4º)

"Falece na Coruña no ano 2004. Foi un escritor comprometido social e políticamente con Galicia" (5º)

"Algunhas das súas obras infantís son: O soños na gaiola, O bigote de Mimí e As rúas do vento ceibe" (6º)

jueves, 19 de mayo de 2016

Saída ao Festival de Cans

Esta mañá, os nen@s de 4º, 5º e 6º e mestr@s fomos á parroquia veciña de Cans (O Porriño), e poidemos disfrutar do seu particular festival de curtametraxes.
Xa van pola edición número 13 e cada vez con máis público!!
Deixamos unhas fotos que dan boa mostra da excursión:


Coa actriz e presentadora Nieves Rodríguez

Carteis do Festival, con debuxos de Rocío e Jessica (5º)

No Torreiro das Estrelas

Os de 4º no chimpín

Os de 5º no chimpín


Os de 6º no chimpín
No "Jaliñeiro Unplugged" co monte Castelo ao fondo






lunes, 2 de mayo de 2016

"O bigote de Mimí"

O venres 29 de abril tivemos no cole o espectáculo musical de Luís Vallecillo e A Banda do Cuberto, baseado no libro de Manuel María titulado "O bigote de Mimí".
Comezamos así coas actividades programadas para conmemorar o día das Letras Galegas.
Foi un espectáculo moi ameno para todos os nen@s e profes!!