Ola, son Laura Soliño de 5ºB, aquí vos deixo unhas adiviñas.
1. Zumba que te zumbarás,
van e veñen sen descanso,
de flor en flor trasfegando
e a nosa vida adozando
2.Cara que eu acaricio
deixo de seda ao momento,
que nin un pelo se resiste
a miña marcha,bo invento
3. Unhas manchas encarnadas
entre os trigais;
son notas coloreadas
que alegran os rapazes
4. Ave que corre e non voa,
e cando se ve en perigo
pronto esconde a cabeza
ollo todas as respostas empezan por "a"